Hércules, fillo do deus Zeus e da mortal Alcmena, tiña desde neno tal forza que xogaba ás bólas cos planetas e ao aro cun dos aneis de Saturno. Xa de adulto, e a través do oráculo de Delfos, a deusa Hera ordénalle realizar doce traballos dificilísimos que lle imporía o temible rei Euristeo. Xa verás que, para ti, ler este libro non será o traballo número trece, porque é ameno e porque está cheo de tanto humor que ata o malvado Euristeo se botaría a rir. Nel veremos a historia dun Hércules moi peculiar: semideus do estrafalario, heroe do disparate, e cun aspecto físico diferente do aspecto ao que nos ten afeitos. Agora mesmo é un bo momento para que mergulles nesta versión dos doce traballos de Hércules e coñezas o león de Nemea, cuxos cairos eran dúas medias lúas crecentes. E a hidra de Lerna de nove cabezas, que intentaba volverte tolo falándoche de nove cousas distintas a un tempo. E as eguas de Diomedes, que cos seus cascos de cortiza podían galopar sobre o mar. E o xardín das Hespérides, onde as mazás eran de ouro e o ouro era de mazá. E tamén o can Cérbero de tres cabezas, que ladraba en tres idiomas di
Infantil
OS DOCE TRABALLOS DE HERCULES
16,00€
Dispoñibilidade: 1 dispoñibles
ISBN: 9788419754547
Categoría: Infantil
OS DOCE TRABALLOS DE HERCULES
| Autor | CARLOS LÓPEZ |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Hércules Ediciones, S.A. |
| ISBN | 9788419754547 |
| Peso | 0,3 kg |
|---|---|
| Dimensións | 4 × 16,5 × 24 cm |



