Condicións de venda

1. Obxecto

Estas condicións regulan a compra de produtos (libros, material de papelería e artigos de xogo) a través da web de Leria Libros, así como os encargos para recollida en tenda (click & collect).

2. Prezos e impostos

Todos os prezos móstranse en euros (€) e inclúen o IVA aplicable segundo produto (libro/rebaixa cultural, papelería/xogos). Os gastos de envío indícanse por separado no checkout. Se se detecta un erro evidente de prezo, contactaremos para confirmar o pedido ou anular con devolución íntegra.

3. Dispoñibilidade e encargos

A dispoñibilidade indicada en web é orientativa.

  • En stock: envío/recollida inmediata.

  • Baixo pedido/encargo: confirmaremos prazo estimado por email/WhatsApp.
    Se non for posible subministrar un artigo, reembolsaremos as cantidades pagadas.

4. Envíos e recollida

Transportista: Correos (Península).

  • Tarifa Península: 4,50 €

  • Envío gratis a partir de 50 €

  • Recollida en tenda: gratis (serás avisado/a cando estea listo).

Prazos orientativos: 2–5 días hábiles en stock; para encargos, informarase prazo estimado. Non se realizan entregas en sábados, domingos nin festivos. Unha vez expedido, recibirás número de seguimento cando proceda.
Ámbito de entrega: Península. Para outras zonas, consultar.

5. Click & Collect (recollida en tenda)

Manteremos o pedido dispoñible en tenda durante 7 días naturais desde o aviso de “Listo para recoller”. Pasado o prazo, poderase cancelar e reembolsar (descontando, se procede, custos asociados ao encargo).

6. Formas de pagamento

  • Tarxeta de crédito/débito (TPV seguro).
    O cobro efectúase no momento da compra. Podemos aplicar controis antifraude e rexeitar operacións sospeitosas.

7. Proceso de compra

  1. Engade produtos ao carriño e revisa o resumo.

  2. Indica datos de envío/recollida e pagamento.

  3. Acepta estas condicións.

  4. Recibirás un email de confirmación co número de pedido.

8. Dereito de desistimento (devolucións)

Tes dereito a desistir da compra en 14 días naturais desde a entrega (ou desde o aviso de recollida en pedidos click & collect), sen necesidade de xustificación.

Como exercer o desistimento:

  • Escríbenos a [email] indicando número de pedido, artigos e decisión de desistir, ou entrega o formulario en tenda.

  • Disporás de 14 días adicionais para devolver os artigos.

Condición do produto:
Os artigos deben devolverse en perfecto estado, co seu embalaxe orixinal, accesorios e agasallos promocionais, sen manchas nin sinais de uso.

  • En xogos/artigos precintados, recomenda-se non retirar o precinto: a apertura pode supoñer depreciación.

  • En caso de diminución de valor por manipulación allea á necesaria para comprobar a natureza/características, poderemos practicar unha diminución do reembolso.

Custos da devolución: a cargo do/da cliente, agás erro noso ou produto defectuoso. Podes devolver sen custo directamente en tenda.

Excepcións legais: non se admite desistimento en artigos personalizados ou encargos especiais non cancelables ao provedor, publicacións/contido dixital descargable, ou prensa/periodicidade (se os houbese).

9. Devolución por produto defectuoso ou erro

Se o produto chega defectuoso, danado ou equivocado, notifícanos dentro dos 2 meses desde a detección. Recolleremos/substituiremos sen custo, ou reembolsaremos integramente. Para libros con fallos de impresión/encadernación, aplicarase substitución prioritaria.

10. Garantías legais

Os bens dispoñen da garantía legal de conformidade (ata 3 anos para bens novos, segundo normativa vixente). Quedan excluídos danos por uso indebido, desgaste normal ou causas alleas á calidade do produto.

11. Reembolsos

O reembolso realizarase polo mesmo medio de pagamento empregado, no prazo máximo legal unha vez recibidos e verificados os artigos. Informarase por email.

12. Promocións, vales e agasallos

Os descontos non son acumulables salvo indicación. En devolucións de pedidos con agasallo/promoción, deberá entregarse tamén o agasallo ou descontarase o seu valor.

13. Atención ao cliente

Para calquera consulta, reclamación ou exercicio de dereitos:
Teléfono: 981 32 84 67

Horario de atención: de luns a venres de 10:30 ata as 13:30 e de 17:00 ata as 20:00 e sábados de 11:00 a 14:00. 

Enderezo da tenda: Pl. Mahía, 3, 15220 Bertamiráns, A Coruña

Tamén podes acudir á Plataforma europea de resolución de litixios (ODR): https://ec.europa.eu/consumers/odr/

14. Privacidade e protección de datos

O tratamento dos teus datos rexerase pola Política de Privacidade e Política de Cookies da web. Empregaranse unicamente para xestionar a compra, comunicacións relativas ao pedido e, se o consentiches, para comunicacións comerciais.

15. Propiedade intelectual

Cubertas, imaxes, descricións e contidos da web son propiedade de Leria Libros ou de terceiros licenciados. Queda prohibido o seu uso non autorizado.

16. Lexislación e foro

Estas condicións réxense polo dereito español. Sen prexuízo dos dereitos como persoa consumidora, as partes sométense aos xulgados e tribunais do domicilio do/da consumidor/a.

17. Modificación das condicións

Leria Libros poderá actualizar estas condicións cando sexa necesario. Aplicaranse as vixentes no momento de realizar o pedido.


Formulario de desistimento (modelo)

(So cubrir e enviar se desexas desistir do contrato)

– A/a: Leria Libros, [enderezo], [email]
– Eu/nós comunicamos que desistimos do contrato de venda do(s) seguinte(s) produto(s):
– Pedido nº: ________ · Data de recepción: //_____
– Nome do consumidor/a: __________________________
– Enderezo do consumidor/a: _______________________
– Firma (só se se presenta en papel): _____________
– Data: //_____

Carriño da compra