Condicións de venda
1. Obxecto
Estas condicións regulan a compra de produtos (libros, material de papelería e artigos de xogo) a través da web de Leria Libros, así como os encargos para recollida en tenda (click & collect).
2. Prezos e impostos
Todos os prezos móstranse en euros (€) e inclúen o IVA aplicable segundo produto (libro/rebaixa cultural, papelería/xogos). Os gastos de envío indícanse por separado no checkout. Se se detecta un erro evidente de prezo, contactaremos para confirmar o pedido ou anular con devolución íntegra.
3. Dispoñibilidade e encargos
A dispoñibilidade indicada en web é orientativa.
-
En stock: envío/recollida inmediata.
-
Baixo pedido/encargo: confirmaremos prazo estimado por email/WhatsApp.
Se non for posible subministrar un artigo, reembolsaremos as cantidades pagadas.
4. Envíos e recollida
Transportista: Correos (Península).
-
Tarifa Península: 4,50 €
-
Envío gratis a partir de 50 €
-
Recollida en tenda: gratis (serás avisado/a cando estea listo).
Prazos orientativos: 2–5 días hábiles en stock; para encargos, informarase prazo estimado. Non se realizan entregas en sábados, domingos nin festivos. Unha vez expedido, recibirás número de seguimento cando proceda.
Ámbito de entrega: Península. Para outras zonas, consultar.
5. Click & Collect (recollida en tenda)
Manteremos o pedido dispoñible en tenda durante 7 días naturais desde o aviso de “Listo para recoller”. Pasado o prazo, poderase cancelar e reembolsar (descontando, se procede, custos asociados ao encargo).
6. Formas de pagamento
-
Tarxeta de crédito/débito (TPV seguro).
O cobro efectúase no momento da compra. Podemos aplicar controis antifraude e rexeitar operacións sospeitosas.
7. Proceso de compra
-
Engade produtos ao carriño e revisa o resumo.
-
Indica datos de envío/recollida e pagamento.
-
Acepta estas condicións.
-
Recibirás un email de confirmación co número de pedido.
8. Dereito de desistimento (devolucións)
Tes dereito a desistir da compra en 14 días naturais desde a entrega (ou desde o aviso de recollida en pedidos click & collect), sen necesidade de xustificación.
Como exercer o desistimento:
-
Escríbenos a [email] indicando número de pedido, artigos e decisión de desistir, ou entrega o formulario en tenda.
-
Disporás de 14 días adicionais para devolver os artigos.
Condición do produto:
Os artigos deben devolverse en perfecto estado, co seu embalaxe orixinal, accesorios e agasallos promocionais, sen manchas nin sinais de uso.
-
En xogos/artigos precintados, recomenda-se non retirar o precinto: a apertura pode supoñer depreciación.
-
En caso de diminución de valor por manipulación allea á necesaria para comprobar a natureza/características, poderemos practicar unha diminución do reembolso.
Custos da devolución: a cargo do/da cliente, agás erro noso ou produto defectuoso. Podes devolver sen custo directamente en tenda.
Excepcións legais: non se admite desistimento en artigos personalizados ou encargos especiais non cancelables ao provedor, publicacións/contido dixital descargable, ou prensa/periodicidade (se os houbese).
9. Devolución por produto defectuoso ou erro
Se o produto chega defectuoso, danado ou equivocado, notifícanos dentro dos 2 meses desde a detección. Recolleremos/substituiremos sen custo, ou reembolsaremos integramente. Para libros con fallos de impresión/encadernación, aplicarase substitución prioritaria.
10. Garantías legais
Os bens dispoñen da garantía legal de conformidade (ata 3 anos para bens novos, segundo normativa vixente). Quedan excluídos danos por uso indebido, desgaste normal ou causas alleas á calidade do produto.
11. Reembolsos
O reembolso realizarase polo mesmo medio de pagamento empregado, no prazo máximo legal unha vez recibidos e verificados os artigos. Informarase por email.
12. Promocións, vales e agasallos
Os descontos non son acumulables salvo indicación. En devolucións de pedidos con agasallo/promoción, deberá entregarse tamén o agasallo ou descontarase o seu valor.
13. Atención ao cliente
Para calquera consulta, reclamación ou exercicio de dereitos:
Teléfono: 981 32 84 67
Horario de atención: de luns a venres de 10:30 ata as 13:30 e de 17:00 ata as 20:00 e sábados de 11:00 a 14:00.
Enderezo da tenda: Pl. Mahía, 3, 15220 Bertamiráns, A Coruña
Tamén podes acudir á Plataforma europea de resolución de litixios (ODR): https://ec.europa.eu/consumers/odr/
14. Privacidade e protección de datos
O tratamento dos teus datos rexerase pola Política de Privacidade e Política de Cookies da web. Empregaranse unicamente para xestionar a compra, comunicacións relativas ao pedido e, se o consentiches, para comunicacións comerciais.
15. Propiedade intelectual
Cubertas, imaxes, descricións e contidos da web son propiedade de Leria Libros ou de terceiros licenciados. Queda prohibido o seu uso non autorizado.
16. Lexislación e foro
Estas condicións réxense polo dereito español. Sen prexuízo dos dereitos como persoa consumidora, as partes sométense aos xulgados e tribunais do domicilio do/da consumidor/a.
17. Modificación das condicións
Leria Libros poderá actualizar estas condicións cando sexa necesario. Aplicaranse as vixentes no momento de realizar o pedido.
Formulario de desistimento (modelo)
(So cubrir e enviar se desexas desistir do contrato)
– A/a: Leria Libros, [enderezo], [email]
– Eu/nós comunicamos que desistimos do contrato de venda do(s) seguinte(s) produto(s):
– Pedido nº: ________ · Data de recepción: //_____
– Nome do consumidor/a: __________________________
– Enderezo do consumidor/a: _______________________
– Firma (só se se presenta en papel): _____________
– Data: //_____
